27 mar 2018

Campionatos Galegos Semana Santa 2018

As nosas campionas

Aquí temos as tres Laroqueiras que participan nos Campionatos Galegos de Xadrez de Semana Santa de este ano 2018 que se están a disputar na terra de Rosalía. Un ano mais o Club Xadrez Laroca participa nestes campionatos e esta vez con unha representación exclusivamente feminina.


Do 24 o 27 de marzo en sub-16, a un ritmo de xogo de 90 + 30 e a un total de oito roldas participan por o equipo Laroqueiro Laura González Ferreira e Ana Fernández Carneiro . Ambalasdúas non poderon xogar as dúas primeiras partidas por atoparse de viaxe en terras francesas. De todalas maneiras foron quen de facer un gran campionato con so duas partidas perdidas cada unha e a partida da rolda 7 no enfrontamento entre elas que caiu do lado de Ana.

Ana partíu do posto 40 do ranking inicial e conseguiu rematar no 39 na clasificación final con un total de 4 puntos grazas as catro vitorias. Laura tamén conseguíu mellorar o seu ranking inicial, pasando do posto 67 ó 59 na clasificación final, rematando con 3 puntos.

Temos que destacar a gran igualdade que se deu nesta categoría, producindose un triple empate a 6'5 puntos nos primeiros postos e cún so punto de diferencia entre o posto 11 e o 1. O futuro do xadrez galego está garantido con estes rapaces que seguro que non tardarán moito en conseguir a categoría de mestres. Os tres primeiros clasificados foron David Buitron, Martín Gomez e Claudio Reboredo

A categoría absoluta, na que participa Mireya Represa Pérez, celebrase do 24 o 30 de marzo con o mesmo número de roldas pero a menos partidas por día. A falta de tres partidas atopase no decimo posto da xeral e segunda fémina tras a tamén WFM Ines Prado Acebo (campiona galega absoluta do pasado ano 2017) con tres vitorias, unhas taboas e unha soa derrota.

Queremos felicitar as nosas campionas sub-16 por conseguir mellorar no seu ranking a pesar de non xogar todo o campionato. A Mireya inda lle quedan uns días para rematar e estamos seguros de que esta vez marchará de Padrón satisfeita e esperamos que con algún trofeo.

Igual se nota moito, pero por si non se notara temos que aclarar que estamos moi orgullosos de contar con estas rapazas no noso modesto club

Mireya, Ana, Laura,  menudas tres!!!!

E como non, lembrámonos tamén dos sufridores e sufridoras

No hay comentarios:

Publicar un comentario