Buscar en este blog ...

30 jul. 2019

Cronica V Torneo Val Miñor


Un ano máis, xa van cinco, celebramos o Torneo de Xadrez Sub 2200 Val Miñor valedero para ELO FIDE.

Este ano, ademáis cambiamos de local e trasladamos o torneo o Auditorio Municipal de Nigran, instalación cedidas por o Concello de Nigran, e descubrimos un lugar inmellorable para a práctica do xadrez, moi espacioso e co silencio necesario para lograr a concentración necesaria. Ademáis ó atoparse no centro do pobo fixo máis facil os acompañantes e os propios xogadores disfrutar de outras actividades.

Un total de 68 deportistas percentes a 16 clubes diferentes de toda Galicia e Castela-León fixeron de este o torneo máis numeroso dos cinco disputados hasta o momento. A un ritmo de xogo de 60 minutos máis 30 segundos por movemento  e dirixigo por o árbitro Patricio Salgado auxiliado por Natalia Outerelo, disputáronse un total de seis partidas, divididas en tres cada un dos días.

Clubes con participantes:
C. Alzheimer Bierzo (1) C.X. Fontecarmoa (2) Damapark Leon (1) E.X. Pontevedra (5) Vila de Bouzas (2) X. Ramiro Sabell (2) Xadrez Albatros (1) Xadrez Alekhine (2) Xadrez Algalia (3) Xadrez Altamira (2) Xadrez Laroca (12) Xadrez Lucena (10) Xadrez Mos (20) Xadrez Nemenzo (1) Xadrez Ponteareas (3) Xadrez Tui (1)

29 jul. 2019

Crónica Xullo 2019



Comezamos este mes con a comida do club que organizamos todos os anos no primeiro domingo de xullo. Un rico churrasco cociñado perfectamente por o irmán de Rafa e outras viandas e cousas ricas xunto con un lugar excelente cedido por a Comunidade de Montes de Gondomar e moita e moi boa compañia foron os ingredientes un ano máis que fixeron de este domingo unha xornada escepcional, na que disfrutamos de longas e interesantes conversar, xogo de cartas e incluido xadrez, por suposto, con un pequeno torneo que nos organizou o noso querido arbitro Patricio e que non lembro nin lembrarei nunca quen gañou, porque eso é o menos importante.



16 jul. 2019

Crónica Xuño 2019, Laroqueiras/os en acción


O xadrez non para e o mes de xuño foi tamén un mes de torneos. Ademáis do Dani Da Rocha, dous foron os torneos do circuito de Promoción que se xogaron neste mes. O día 1 a XI Copa Maristas Ourense e o día 8 o VII Masterchess C.C. Arousa. Fora do Circuito a xente laroqueira participamos no V Torneo Xadrez e Natureza de Ponteareas e o II Torneo Goian.

Tamén tivemos os nosos campións e campionas percorrendo diferentes torneos nos que fixeron un gran papel. Mireya Represa no torneo XI Abiero Inrternacional de Ajedrez Carlos I , en Sanxenxo os días 22 a 30 de xuño e Mauro Sanromán no XI Open Internacional de Ajedrez Ciudad de Tres Cantos B nesta cidade da zona norte de Madrid.