O xadrez non para e o mes de xuño foi tamén un mes de torneos. Ademáis do Dani Da Rocha, dous foron os torneos do circuito de Promoción que se xogaron neste mes. O día 1 a XI Copa Maristas Ourense e o día 8 o VII Masterchess C.C. Arousa. Fora do Circuito a xente laroqueira participamos no V Torneo Xadrez e Natureza de Ponteareas e o II Torneo Goian.
Tamén tivemos os nosos campións e campionas percorrendo diferentes torneos nos que fixeron un gran papel. Mireya Represa no torneo XI Abiero Inrternacional de Ajedrez Carlos I , en Sanxenxo os días 22 a 30 de xuño e Mauro Sanromán no XI Open Internacional de Ajedrez Ciudad de Tres Cantos B nesta cidade da zona norte de Madrid.
Tamén tivemos os nosos campións e campionas percorrendo diferentes torneos nos que fixeron un gran papel. Mireya Represa no torneo XI Abiero Inrternacional de Ajedrez Carlos I , en Sanxenxo os días 22 a 30 de xuño e Mauro Sanromán no XI Open Internacional de Ajedrez Ciudad de Tres Cantos B nesta cidade da zona norte de Madrid.
Dos circuitos de Promoción só tivemos participación Laroqueira no Masterchess de Vilagarcía, donde participamos en Sub 14 con Manuel Costas Alvarez e en absoluto Jorge Carneiro Penedo e Mauro Sanromán Costas.
Non tivo un moi bo día Manuel e so logrou unha vitoria e outro punto máis das sete partidas disputadas.
En absoluto tampouco tivemos un día moi aló e Mauro rematou no posto 30 con 3'5 puntos e Jorge no posto 40 con 3 puntos.

Este ano, ademáis do escelente entorno natural de esta area de lecer e o churrasco de mediodía disfrutamos tamén de unhas partidas simultaneas co Gran Maestro Portugues Luis Galego.

Ademáis do que disfrutamos neste bonito torneo entre amigos, do sombreiro de palla que nos regalaron para topar o sol, descatar o primeiro posto logrado por Artai con 6'5 puntos de 7 posibles, por o que conseguiu levar para casa un fermoso trofeo.
Mireya Represa en este torneo a un ritmo de xogo de 90+30 enfrentouse a un bo número de Mestres como ela partindo do posto 28 no ranking inicial de un total de 105 participantes. Un gran torneo fixo Mireya e de 9 puntos posibles conseguiu 7'5 con tan so unha partida perdida contra o GM David Lariño, que rematou sendo o campión do torneo, e unhas táboas contra o Portuguez Ivan Rodrigues Dias, sexto na clasificación final. Mireya conseguiu rematar segunda, mellorando o seu ELO en un total de 159 puntos e mantendo un Performance de 2400.
O mesmo tempo, Mauro Sanromán equipado con a bonita camiseta do Dani Da Rocha 2019, disputaba o seu torneo en Tres Cantos donde partindo do puesto 40 de 68 logróu rematar no segundo posto da clasificación xeral tras 9 partidas disputadas (a un ritmo de xogo de 105+15) das que só perdéu unha e fixo táboas en duas, conseguindo 7 puntos. Tamén Mauro conseguíu un importante incremento no seu nivel de ELO, pasando de 1429 a 1642.
No hay comentarios:
Publicar un comentario