30 jul 2019

Cronica V Torneo Val Miñor


Un ano máis, xa van cinco, celebramos o Torneo de Xadrez Sub 2200 Val Miñor valedero para ELO FIDE.

Este ano, ademáis cambiamos de local e trasladamos o torneo o Auditorio Municipal de Nigran, instalación cedidas por o Concello de Nigran, e descubrimos un lugar inmellorable para a práctica do xadrez, moi espacioso e co silencio necesario para lograr a concentración necesaria. Ademáis ó atoparse no centro do pobo fixo máis facil os acompañantes e os propios xogadores disfrutar de outras actividades.

Un total de 68 deportistas percentes a 16 clubes diferentes de toda Galicia e Castela-León fixeron de este o torneo máis numeroso dos cinco disputados hasta o momento. A un ritmo de xogo de 60 minutos máis 30 segundos por movemento  e dirixigo por o árbitro Patricio Salgado auxiliado por Natalia Outerelo, disputáronse un total de seis partidas, divididas en tres cada un dos días.

Clubes con participantes:
C. Alzheimer Bierzo (1) C.X. Fontecarmoa (2) Damapark Leon (1) E.X. Pontevedra (5) Vila de Bouzas (2) X. Ramiro Sabell (2) Xadrez Albatros (1) Xadrez Alekhine (2) Xadrez Algalia (3) Xadrez Altamira (2) Xadrez Laroca (12) Xadrez Lucena (10) Xadrez Mos (20) Xadrez Nemenzo (1) Xadrez Ponteareas (3) Xadrez Tui (1)


Antes de comezar e tras dar a ben vida os e as participantes fixemos unha mención especial a xogadora Maia Pérez Sousa do Club Xadrez Mos, actual Campiona de España Sub 8, e a Brais Otero do Xadrez Mos e Sergio López do Xadrez Laroca como campión e subcampion da edición anterior, os tres presentes neste Torneo,

E o sábado 27 as 10 da maña con a puntualidade debida comezou a primeira partida na que 8 participantes do noso club conseguiron a vitoria. Con estes resultados comezou a primeira partida da tarde con tres laroqueiros nas tres primeiras mesas (Jorge Carneiro, Sergio López e Francisco Rego) e rematou a terceira da tarde con estas tres primeiras mesas ocupadas tamén por laroqueiros (Francisco Rego, Ricardo Fernández e Chema Ben).

Comezaba a primeira partida do domingo 28 as 10 da mañá con a mesma dinámica, nesta ocasión con catro Laroqueiros nas tres primeiras mesas, Mauro Sanromán e Chema Ben na mesa dous, Francisco Rego na mesa un e Ricardo Fernández na mesa tres. Nas duas partidas da tarde volvemos a ter laroqueiros nas tres primeiras mesas.

Finalmente e despois das seis roldas disputadas proclamouse campion por tercer ano consecutivo Brais Otero Nogueira do Club Xadrez Mos, en segundo lugar o noso compañeiro do Club Xadrez Laroca Francisco Rego Lorenzo e como terceiro clasificado Isidro Luis Durán Rodríguez de Xadrez Altamira.

Tamén tivemos premio para o primero Sub 1800 para Jose Manuel Ben Alvarez do noso club e o mellor Sub 1600 para Javier Araujo Gongález do Club Xadrez Lucena.

Por edades os premios foron para o primeiro Sub-16 Ricardo Fernández López do Xadrez Laroca, o primeiro Sub-14 foi Sergio Pérez Estevez do Xadrez Mos, primeiro en Sub-12 Javier Caudet Soto do Xadrez Lucena e en Sub-10 Cesar Oubiña Pazos do Club Xadrez Fontecarmoa.

A clasificación final e os resultados podemos velos en       info64  e  Aquí  todas as fotos.


LAROQUEIROS EN DATOS:

Francisco Rego Lorenzo. Partindo no ranking inicial no posto 4º rematou en 2º con 5 puntos e unha soa derrota contra o que sería o terceiro clasificado.

Jose Manuel Ben Alvarez, 6º no ranking incial mellorou esta clasificación rematando no 5º posto da xeral e logrando con 4'5 puntos o título de mellor Sub 1800. Tivo que enfrantarse a Ana Fernández e Mauro Sanromán.


Ricardo Fernández López. Pasou do 14º posto no ranking inicial o 8º posto na xeral cos mesmos puntos que Chema e logrando o título de mellor Sub-16. Unhas táboas na penultima partida e na mesa 3 contra Mauro Sanromán foi o único enfrontamento laroqueiro que tivo.

Mauro Sanromán Costas. 11º na xeral, gañou as tres partidas que disputou contra non laroqueiros e fixo táboas contra Chema e Ricardo e perdeu contra Fran na última partida da xornada que o postre lle deu o segundo posto a Fran..

Sergio López Pérez que fora na edición anterior subcampión, non tivo o seu día e non logrou renovar ese título.
Rematou no posto 12º con 4 puntos. 

Carlos Groba Presa cos seus 3'5 puntos rematou no posto 24 da clasificación xeral.


Ana Fernández Carneiro e Jorge Carneiro Penedo remataron con 3 puntos nos postos 31 e 36 respectivamente. Os dous conseguiron rematar na sua liña neste tipo de torneos, logrando a metade dos puntos posibles.


Jose Manuel Fernández Rodríguez e Erik Roade Rey tamén empataron a puntos, neste caso con 2'5.

Brais Fernández Rouco con 1 punto e Manuel Costas Alvarez con 0 puntos foron  dous valentes laroqueiros que non se arrugaron a hora de enfrontarse a un torneo tan esixente como este. 



A familia laroqueira unha vez máis quedamos satisfeitos por o traballo realizado que deu como resultado un moi bo torneo e quedamos con gañas de repetir o ano próximo. Ademáis podemos comprobar a importante progresión que teñen os nosos xogadores, sobretodo a xuventude que están destinados a darnos grandes alegrías e que acabemos non votando de menos a Mireya, Breixo, .... e todos os que se nos van facendo maiores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario