Buscar en este blog ...

28 feb. 2017

Rematou Viveiro 2017


Rematado o Campionato Galego de xadrez nas categorías sub-10, sub-14 e sub-18 nos que un ano máis xadrecistas do noso club dérono todo e conseguiron poñer ao Xadrez Laroca onde ten que estar.

Este ano os nosos cinco magníficos atopáronse cun alto nivel pero souberon defender o pavillón conseguindo en total 20,5 puntos de 40 posibles. Ademais voltamos de Viveiro con dous trofeos nas categorías femininas sub18 e sub14.

26 feb. 2017

Campionato Galego de xadrez sub-10, sub-14 e sub-18 2017

Viveiro 25 a 28 de febreiro de 2017

En terras de Viveiro estase a celebrar este fin de semana o Campionato Galego de xadrez nas categorías sub-10, sub-14 e sub-18.


Desde o día 25 ao 28 de febreiro terán lugar un total de oito partidas a un ritmo de xogo de 60 minutos + 30 segundos para a categoría Sub-10 e 90 minutos + 30 segundos para as outras dúas categorías.


19 feb. 2017

4ª xornada de liga 2017



Este sábado 18 de febreiro o Club Xadrez Laroca afrontamos a cuarta xornada da liga Galega de Xadrez e nesta xornada seguimos mantendo as espadas no alto. Nesta ocasión conseguimos 4 vitoria e 1 derrotas, o que fixo desta unha xornada excepcional.

12 feb. 2017

3ª xornada da Liga Galega de Xadrez


Este sábado 11 de febreiro tivo lugar a terceira xornada da liga galega de xadrez na que o Club Xadrez Laroca de Nigran obtivemos unha vitoria (IES Auga da Laxe), dous empates (Laroca A e Laroca B) e dúas derrotas pola mínima (Laroca C e Mallón).

Liga Galega 2017



O pasado 28 de xaneiro comezaba a liga galega de xadrez 2017, coa participación de 7 equipos do noso club (un equipo en 1ª división, dous en 2ª, dous en 3ª e dous en 4ª). Un total de 44 persoas amantes de este deporte participaremos este ano con ilusión e con ganas de conseguir tódoslos éxitos posibles e, sobretodo, de divertirnos e aprender.