Rematado o Campionato Galego de xadrez nas categorías sub-10, sub-14 e sub-18 nos que un ano máis xadrecistas do noso club dérono todo e conseguiron poñer ao Xadrez Laroca onde ten que estar.
Este ano os nosos cinco magníficos atopáronse cun alto nivel pero souberon defender o pavillón conseguindo en total 20,5 puntos de 40 posibles. Ademais voltamos de Viveiro con dous trofeos nas categorías femininas sub18 e sub14.


Este é un fenomenal resultado neste duro e extremadamente complicado torneo, seguro que seguirá progresando e pondolle cada vez as cousas máis compricadas ós seus contrincantes. O futuro é teu Artai, animo e pa diante.

As dúas últimas partidas, xogando con negras nas dúas, foron súas. A última partida de vertixe, na que conseguiu aguantar a presión e despois de tres horas e media de xogo, foi a que lle deu a segunda praza entre as mulleres e a convertiu en subcampiona de Galicia 2017.

Hugo Rego Calvo, na mesma categoría que Ana e Artai conseguiu 3 meritorios puntos, terminando no posto 35 da clasificación xeral. Tendo en conta que partía no ránking inicial no posto 41 e o seu obxectivo principal era adquirir ELO e pasalo xenial podemos valorarlo como un bo resultado ó lograr o obxectivo que se propuxera. Non nos queda máis que felicitalo e animalo a continuar disfrutando con este deporte.
![]() |
Tras catro días en Viveiro os Laroqueiros e Laroqueiras voltan a casa con a mochila chea de puntos e trofeos, pero sobre todo satisfeitos despois de vivir unhas xornadas intensas de xadrez, este deporte que lles proporciona tantas satisfaccións. Un ano máis o Club Xadréz Laroca de Nigran estivo dignamente representado no campionato do Xadrez Galego.
Pero isto non remata aquí, o vindeiro sábado continúa a liga na que estes campións e campionas seguirán demostrando a súa valía. Mireya no Laroca-A de primeira división, Artai no Laroca-C de segunda, Ana e Hugo no Auga dá Laxe de terceira e David no equipo de cuarta, seguirán sendo un puntal importantísimo nos seus respectivos equipos.
![]() |
Hugo Rego, David Represa, Mireya Represa, Ana Fernández, Artai Bringas CLUB XADRÉZ LAROCA |
Mireya Represa Pérez, campiona de Galicia na categoría Sub18 Clasificación final
Ana Fernández Carneirio, subcampiona de Galicia na categoría Sub14 Clasificación final
No hay comentarios:
Publicar un comentario