Buscar en este blog ...

4 mar. 2017

5ª xornada de liga. Seguimos na loita


Unha nova xornada de liga celebrouse este sábado 4 de marzo. A 5ª xornada celebrouse con diferentes resultados para os nosos equipos que seguen mantendo todas as súas opcións en cada unha das categorías. 3 vitorias, e 2 derrotas foi o resultado final dos nosos representantes nesta liga.





Na Primeira división o LAROCA-A enfrontouse a EXP UVIGO nos nosos locais de Nigrán e conseguiu a súa 3ª vitoria ante un rival directo. Nosa recentemente Campioa de Galicia sub-18, Mireya Represa, fixo unha gran partida e conseguiu unha meritoria vitoria no primeiro taboleiro, o mesmo resultado de Tino, Sergio e Fran. Un 4-0 final que os sitúa nos postos de cabeza na clasificación xeral e que nos acerca o obxetivo inicial de manterse nesta categoría e incluso, porqué non, de soñar con a posibilidade do ascenso a categoría de honor.



Na segunda división os nosos dous representantes conseguiron senllas vitorias ante os que ocupan os últimos postos na clasificación xeral.

O LAROCA-C enfrontábase a XADREZ ALTAMIRA, un rival en principio alcanzable. O resultado final foi de 3´5-0´5 cunha incomparecencia do equipo foráneo e sitúa aos Laroqueiros no quinto posto da xeral a 0`5 puntos do cuarto, un posto que, no ecuador da liga, proporciona unha certa tranquilidade.

O LAROCA-B desprazouse a Pontevedra para enfrontarse ao EXP ZONA INFORMÁTICA. O seu triunfo cun resultado de 0-4 afástaos un pouco máis dos postos de descenso e sitúaos a catro puntos do décimo clasificado. Patricio, Rafa, Araujo e Gabriel son os responsables de esta importante victoria absoluta.


Como nunca todo pode ser perfecto, na terceira división non foi posible acadar ningunha vitoria ante os dous rivais os que nos afrontamos, ONCE DE VIGO e XADREZ MOS C.

IES AUGA DÁ LAXE no seu desprazamento aos locais da ONCE, non foi capaz de dobregar a un dos equipos complicados do grupo, cultivando a súa primeira derrota da tempada. Logrou un resultado de 3´5-0´5, a pesar do cal continúan mantendo o primeiro posto na clasificación xeral.


MALLON desprazouse a Mos e tampouco conseguiu  dobregar ao seu rival, cultivando un resultado de 2´5-1´5. Unhas táboas de David e unha vitoria de Juan proporcionáronlle este punto e medio ante este rival que ata hoxe ocupaba o terceiro posto na clasificación xeral, o que mantén despóis da xornada de esta qinta xornada. A pesar desta derrota, conseguimos manternos no cuarto posto da xeral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario