Unha xornada máis na liga galega de xadrez,
xa é a sétima. Os cinco equipos do Club Xadrez Laroca seguimos na loita e
cumprindo obxectivos. Esta era unha xornada complicada para os Laroqueiros que,
unha vez máis, foi resolta con éxito.
Resultados dos nosos equipos na xornada:
LAROCA-NIGRAN A
|
1.5 - 2.5
|
XADREZ OURENSE B
|
LAROCA-NIGRAN B
|
2,5 - 1.5
|
CLUB XADREZ MOS A
|
XADREZ ALBATROS A
|
2 - 2
|
LAROCA-NIGRAN C
|
IES AUGA DA LAXE
|
3.5 – 0.5
|
EXP-CSCR BEADE
|
CLUB XADREZ MOS E
|
0 - 4
|
MALLON LAROCA
|
Na primeira división no grupo C, o equipo do Laroca A enfrontouse na sede do club de
Cotros ao Xadrez Ourense B para intentar alcanzar a segunda posición da táboa
clasificatoria. Finalmente non foi posible e despois de 7 roldas, esta é a primeira derrota dos nosos campions a pesar do cal conseguen ascender á terceira posición na xeral, grazas o punto e medio pola vitoria de Fran Rego e as táboas de Tino González.
![]() |
LAROCA B |
Por outra
banda, tamén se presentaba unha xornada complicada neste mesmo grupo E da segunda división para o
Laroca C, que se desprazou á Guarda
para enfrontarse ao actual segundo clasificado da categoría, o Albatros A. Este empate sabe a vitoria por o compricado do rival , con as vitorias de Artai e Chema e unha intensa partida de catro horas de Guillermo que finalmente non conseguiu gañar. A estas alturas da liga manterse nesa cómoda quinta posición na clasificación
xeral era unha posibilidade que non estaba prevista, pero queda demostrado que este equipo inda pode dar moitas sorpresas.
![]() |
MALLON - LAROCA |
![]() |
IES AUGA DA LAXE - LAROCA |
Por outra banda o equipo do IES Auga da Laxe Laroca, despois de
unha xornada de descanso o sábado pasado, enfrontouse en Nigrán ao equipo do
EXP-CSCR Beade pensando en recuperar o primeiro posto que ocupaban antes de
descansar, quedando finalmente, despois da vitoria conseguida, a 0,5 puntos de
esa posición.
Temos que destacar nesta terceira división o apretado da
clasificación nos primeiros postos, ONCE con 19 puntos no primer posto e Mos C con 17 no quinto e entre eles Villa de
Bouzas B, IES Auga da Laxe-Laroca e Mallon-Laroca. A falta de dúas partidas
está todo por decidir sobre quen ocupará os dous postos de ascenso.
A catro xornadas do remate en primeira e segunda división, e a duas en terceira, os nosos equipos seguen a manter todalas posibilidades para alcanzar os obxectivos marcados o inicio da liga e incluso melloralos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario