Buscar en este blog ...

24 ene. 2020

Torneo Provincial de Pontevedra 2020


O 18 e 19 de xaneiro no Auditorio de Vilagarcía de Arousa 15 persoas de este Club Xadrez Laroca participamos no Torneo Provincial de Pontevedra e nas categoría:
Sub-8  (Anxo Platero Iglesias)
Sub-14 (Manuel Costas Álvarez e Diego Martín Abalde),
Sub-16 (Mauro Sanromán Costas, Ricardo Fernández López, Sara González Ferreira, e Sebastian Melo Macías e Hugo Robles García que un ano máis voltaron participar cos colores Laroqueiros)
Sub-18 (Artai  Bringas Gómez, Ana Fernández Carneiro e Laura González Ferreira) e
Absoluto (Constantino González Levices, Francisco Rego Lorenzo, Avelino Iglesias Fernández, Jorge Carneiro Penedo).


No primeiro día e tras as catro partidas disputadas na categoría absoluta, duas na categoría Sub-18, tres en Sub-16, tres en Sub-14 e catro en Sub-8,  a nosa xente conseguiu uns aceptables resultados con un total de 23'5 puntos de un total de 42 posibles, o que supón un 56%de efectividade.

A segunda xornada comezou cunha maña soleada a nivel atmosférico e un resultado interesante nas catro partidas (dúas de absoluto e dúas en Sub-18) con 8 vitorias e 4 táboas de un total de 18 partidas con participación Laroqueira, con os enfrontamentos  directos de Ana e Laura que rematou en táboas.

Pola tarde e para rematar o torneo comezamos con tres enfrontamentos directos, Mauro - Sara, que rematou con vitoria de blancas, Ricardo - Mauro con táboas, Ana - Artai e Jorge - Tino con vitoria das negras nos dous casos. 45 foron as partidas nas que un ou unha dos contrincantes defendía o cabalo do escudo laroqueiro conseguindo 26 puntos nesta xornada da tarde. En total este domingo conseguimos 30'5 puntos de 50 posibles.

Usando convintemente as matematicas, chegamos a conclusión de que o resultado final das duas xornada neste Torneo Provincial para a parroquia laroqueira foi de 54 puntos conseguidos de un total de 92 posibles.

Inda que non xogaron, tamén contamos con a presenza e o apoio moral das dúas flamantes primeira división, Ana Bringas e Ramona Carneiro, os pais Jose Manuel e Xabier, a parella e aboa Rosario, a nai Olga e o pai Fernando, a parella e nai María, a nai Eva e a parella e nai Mar. Elas e eles foron quen de estar para celebrar con nos as vitorias e soportar os malos momentos das derrotas. Tamén nos consta que algunhas remataron un tanto cansadas e con unhas poucas "agujetas musculares", alguen terá que explicar que pasou, porque seguro que o xadrez non é o culpable.

Ademáis das "agujetas", que non influiron no resultado final, conseguimos como equípo unha porcentaxe de efectividade do 59% e así foron os resultados individuais:


Anxo Platero Iglesias (Sub-8):
4'5 puntos de 8 posibles
Rematou no posto 7º de 24
Ranting Performance de 1043.

Anxo segue a progresar máis que adecuadamente e sigue con firmeza os pasos do seu pai. Despois de gañar o Torneo de Nigran no mes de decembro presentouse neste máis esixente con ganas e conseguiu sacar un moi bo resultado.



Manuel Costas Álvarez (Sub 14)
2'5 puntos de 6 posibles
Rematou no posto 27 de 44.
Performance de 1025.
Este é o seu segundo ano en Sub 14 e segue estudando moito para alcanzar un bo nivel no seu xadrez.



Diego Martín Abalde  (Sub 14)
2 puntos de 6 posibles
Performance de 951
Rematou no posto 31 de 44.
Como Manuel este será o seu segundo ano nesta categoría e inda que non ten grandes pretensións nesto do xadrez si poderá mellorar moito si segue a estudar e a prepararse.



Mauro Sanromán Costas (Sub 16)
4'5 puntos de 6 posibles.
Performance de 1394
Rematou no 5º posto de 33

Moi proto das medallas quedou Mauro, empatado a puntos con o terceiro e cuarto clasificado. So o desempate o separou de estar no podium.


Ricardo Fernández López (Sub 16)
4'5 puntos de 6 posibles.
Performance de 1540
4º posto na clasificación final de 33 participantes.

Como Mauro, este torneo serviulle de preparación para a que sin duvida será unha exitosa participación da 2ª división da liga. Unha vez mais quedou ás portas das medallas e empatado a puntos con o terceiro clasificado.





Sara González Ferreira (Sub 16)
2 puntos de 6 posibles.
Performance de 1100
22º posto na clasificación final de 33 participantes.

Sara conseguiu un punto máis que o ano pasado e mellorar a sua clasificación final. Seguiremos mellorando.




Artai  Bringas Gómez (Sub 18)
6 puntos de 6 posibles (Pleno)
Performance 2330
1º posto na clasificación final de 11 participantes.

Unha vez máis este rapaz demostrou o seu altísimo nivel de xadrez e non deu nin unha soia oportunidade os seus rivais. Artai é unha aposta segura que temos a grande sorte de que participe no noso club.





Ana Fernández Carneiro
2 puntos de 6 posibles
Performance 1383
7º posto na clasificación final de 11 participantes.

Este foi un compricado torneo no que en ningún momento se sentiu cómoda, pero conseguiu puntuar en tres das seis partidas en xogo.




Laura González Ferreira
2 puntos de 6 posibles
Performance 1272
9º posto na clasificación final de 11 participantes.

Como Ana tampouco tivo un campionato moi cómodo e o resultado foi o mesmo, gañando unha partida e facendo taboas en duas.





Constantino González Levices
4'5 puntos de 6 posibles
Performance 1633
23º posto na clasificación final de 83 participantes.

Seguramente de non ter disfrutado de dous byte na mañán do sábado, tería rematado en un mellor posto na clasificación final e tería posibilidades de revalidar o terceiro posto do ano pasado.






Francisco Rego Lorenzo
5 puntos de 8 posibles
Performance 1780
10º posto na clasificación final de 83 participantes.

Unha excelente participación a de Fran neste torneo situouno no mesmo posto que no pasado ano e con medio punto máis.





Avelino Iglesias Fernández
4 puntos de 6 posibles
Performance 1137
36º posto na clasificación final de 83 participantes.

As duas partidas da maña do primeiro día que non xogou foron un atranco importante para poder conseguir un mellor posto na clasificación final. De todas formas 4 puntos de seis non se pode decir que sexa un mal resultado.




Jorge Carneiro Penedo
4'5 puntos de 8 posibles
Performance 1502
24º posto na clasificación final de 83 participantes.

Consegui mellorar sustancialmente o resultado do ano 2019 no que rematara no posto 31 con 3 puntos. Inda que o comenzo non foi moi bo, 3 de 4 vitorias no domingo (única derrota contra Tino), fixo que recuperase un mal comenzo.






Neste mismo campionato no ano 2019 tivemos catro deportista no podium (Mireya, Artai, Tino e Ana). 

Este ano dos catro repetiron tres na participación no torneo pero só Artai Bringas Gómez foi capaz de repetir, proclamandose campión Sub-18 da provincia de Pontevedra.

¡¡¡Noraboa compañeiro e non perdas as mañas!!!!


Trasladamos enlace a todos os resultados en info64

Tamén temos as fotos neste outro  enlace fotos



1 comentario: