Buscar en este blog ...

31 dic. 2019

Ultimos torneos 2019, Mos Pontevedra Xixón

 
Para rematar este exitoso ano 2019 e nunha das fins de semana máis cargados de torneos do ano, os Laroqueiros e as Laroqueiras participamos en tres de eses torneos. En Pontevedra estivo Fran Rego, en Xixón Artai Bringas e en Mos Breixo, Mauro, Ana, Jorge e Jose Manuel.



XIXÓN

En principio Artai Bringas tiña previsto participar no torneo de Mos pero finalmente unha viaxe a Asturies fixo obrigou a facer un cambio de plans. Pero non podía quedar sen xadrez e o sábado 28 presentouse en Xixón, nun esixente I Torneo Solidario Cruz Roja - Gijon64 no que tivo que responden a un ritmo de 5+2 en 8 partidas das cales 5 foron xogadas contra contrincantes que están por riba dos 2000 puntos de ELO.

Artai conseguiu rematar no terceiro posto con 6 puntos dos 8 posibles e rematando con victoria na última partida contra o FM Sergio Guerrero.

PONTEVEDRA

Tamén Francisco Rego  tiña gañas de rematar o ano xogando o xadrez e elixíu o VIII Torneo Internacional Momorial Ramon Escudeiro Tilde en Pontevedra. A un ritmo de xogo de 15 minutos máis 5 segundo por movemento, en nove partidas conseguiu 5'5 puntos grazas a 5 vitorias e 1 táboas logradas na cuarta rolda contra o FM Fernando Sánchez Aller, rematando no posto 22 da clasificación xeral e mellorando en 12 o seu posto sobre ranking inicial.

Na foto podemos ver o inicio da primeira partida, disputada contra María Isabel Blanco, que se estrenaba e que pasa a formar parte de esas valentes xadrecistas que entraron neste deporte sin complexos, como a que está a dereita de Fran, Isabel Candamio. Fai xa uns aniños, este que escribe recibiu unha importante lección de vida de Isabel, seguro que Fran recibiu o mesmo da sua María Isabel.


MOS

Fomos cinco os que eliximos un ano máis Mos para rematar este ano a nivel xadrecista. Dous días de xadrez no xa VI Torneo de Nadal Mos Sub-2200 a un ritmo de xogo de 60 minutos máis 30 segundos por movemento.

Jose Manuel Fernandez segue a superarse persoalmente e logrou 2'5 puntos e mellorar en un posto a sua clasificación sobre o Ranking inicial. Ó noso presidente esperalle un ano 2020 en progresión.

Jorge Carneiro Penedo na sua liña logrou a metade dos puntos, con boas partidas por a mañá e entre malas e moi malas por a tarde. Teremos que dalle unha volta a alimentación ou os cafés, porque chupitos nos houbo e non é normal ese cambio tan radical entre a mañá e a tarde.

Temos que facer unha mención especial o torneo realizado por Ana Fernández Carneiro, con un comezo radiante con unhas táboas con Ramón González (2093 elo) e unha vitoria con Alberto Teijeiro (2146 elo) que, xunto co resto de resultados, lle aporta unha mellora no seu ELO de 77 puntos. Despois de este xenial torneo, xunto cos seus compañeiros de equipo Mauro, Ricardo e Guillermo, na segunda división da liga galega terá oportunidade de demostrar esa progresion que está tendo.

Finalmente unha derrota na última partida e as táboas de Angela Rodriguez Ferreirós deixarona sen o merecido trofeo de primeira feminina; o xadrez é así de ingrato algunhas veces.

Bo torneo tamén o de Mauro Sanromán Costas. So perdeu duas partidas, as duas contra rivales con ELO superior a 2000 e de gañar a última partida contra Luis Fdez de Armas estaríamos falando de outra historia totalmente distinto. Con tres vitorias e unhas táboas logrou 3'5 puntos e incrementar o seu ELO en 27 puntos.
O grupo E da segunda división Galega vai estar moi interesante con Mauro de primer taboleiro do Laroca Mallon - Auga da Laxe, que tomen nota os seus rivais.


E por último tivemos a, como sempre, xenial participación de Breixo Alvarez Domínguez da que temos pouco de dicir, seis de seis e flamante campión do torneo.

Este rapaz nacido xedrecistamente no Laroca e agora en terras catalanas por motivos profesionais, cada vez que está na nosa terra aprobeita para participar en todas as actividades que pode e, por suposto, non podía deixar de participar neste torneo, e xa que estamos pois a por todas, a dalo todo e a conseguilo todo.
Merecida vitoria campión, 
Orgullo Laroqueiro.


E tamén xogamos a outras cousas e tamén descansamos e tamén comemos e sacamos fotos con Caperucita e o Lobo. Rematamos este ano xadrecista con alegría e seguros de que o 2020 traerá a este club moitos EXITOS moito XADREZ e sobretodo moita DIVERSIÓN.













No hay comentarios:

Publicar un comentario