Buscar en este blog ...

7 dic. 2019

XXV Torneo de Xadrez Laroca


As duas X máis a V significan algo importante para a familia Loroqueira e por iso decidimos facer algo máis, mellor e con intención de continuidade neste 25 aniversario.

Neste ano temos importantes novidades na celebración do tradicional Torneo de Xadrez Laroca:
  • Cambiamos de local de xogo. Desplazámonos ó Auditorio Municial de Nigran ( Praza Constitución, s/n, 36350 Nigrán, Pontevedra), un local moito máis amplo e cómodo do que viñamos utilizando en edicións anteriores. 
  • Faremos un combinado de 3 + 1 torneos. 
    • Comezaremos o venren 20 de decembro as 18:50 horas con un Lostrego de sete roldas a 5+3 que calculamos que rematará sobre as 21:30. 
    • Seguiremos o sábado 21 as 9:45 con un Sub-1600 a 45+15 a seis roldas (catro o sábado e duas o domingo pola mañá). 
    • Para rematar o domingo pola tarde as 16:00 horas comezará o FIDR a seis roldas de 10+5. 
    • Ademáis teremos un pequeno torneo con duas categorías para que os nosos sub-14 celebren o final de ano.
  • Como non dudamos que todo irá ben e en tempo, remataremos con unha clausura e entrega de premios o domingo as 19:40 horas.

Todos os torneos serán valedoiros para ELO en cada unha das suas modalidades.

As bases concretas e o acceso á inscripción tédela na nosa páxina web Aceso a web

Esperamos superar este reto e que saia todo ben. Contamos con todos e todas xadrecistas de ben que queirades participar e disfrutar de este deporte con nos. Tede en conta que hai un límite de inscripcións, que como se establece nas bases, serán admitidos por rigurosa orde de inscripción.



1 comentario: