Sábado 7 de setembro, Mos, IV Torneo Consello de Mos. Participación
Laroqueira Artai Bringas, Francisco Rego, Patricio Salgado, Avelino Iglesias, Jorge
Carneiro, Mauro Sanromán, Ana Fernández, Ricardo Fernández, Manuel Costas (Sub
14) e Anxo Platero (Sub.8)
Sábado 14 de setembro, Santiago ,
III Torneo Cidade de Compostela . Participación
Laroqueira Patricio Salgado, Jorge Carneiro, Mauro Sanromán, Ana Fernández,
Jose Manuel Fernández, Manuel Costas (Sub 14).
Sábado 21 de setembro, Vilagarcía de Arousa, XXVII Memorial Adolfo
Pedrido. Participación Laroqueira, Artai
Bringas, Constantino González, Mauro Sanromán, Ana Fernández, Laura González,
Manuel Costas (Sub 14) e Sara González (Sub 14).
MOS
Como tódolos anos, a participación do Club Xadrez Laroca no IV Torneo Consello
de Mos foi bastante importante. Desprazamos a dez deportistas, oito en
categoría absoluta, un en sub-14 e outro en sub-8.
En Sub-14 Manuel Costas sigue a intentar mellorar e adquirir experiencia co
hándicap de haber comezado a competir este ano e nunha categoría tan complicada.
Un punto foi todo o que conseguiu pero
non desespera e segue a intentalo.
En Sub-8, temos a Anxo Platero, fillo de Avelino que se presentou con a
camiseta Laroqueira e conseguiu situarse no posto 16 con nin máis nin menos
que tres puntos.
SANTIAGO
En Categoría Absoluta Patricio Salgado con 3’5 puntos e no posto 44 foi o
primeiro laroqueiro na clasificación final seguida cos mesmos puntos por Ana
Fernández no posto 55. Con 3 puntos Mauro Sanromán no posto 61 e Jorge Carneiro
no 65 e con 2 puntos Jose Manuel Fernández no posto 90.
En Sub-14 volveu a intentalo Manuel Costas e volveu a conseguir un
punto, como no torneo de Mos.
VILAGARCÍA
VALGA
O domingo día 22 neste bonito pobo do límite da provincia de Pontevedra ca de Coruña, celebrouse oVI Torneo Internacional de Xadrez Concello de Valga no que Francisco Rego colleitou catro vitorias e duas táboas de oito roldas e 5 puntos que o situaron no posto 32 da clasificación xeral deste esixente torneo
No hay comentarios:
Publicar un comentario