Unha vez recuperada a “ nova normalide ” dende o club recuperamos o tradicional torneo de xadrez co cal despediremos o ano a familia laroqueiros, este ano volvemos a modalidade de interno + invitados; o torneo disputarase o domingo 18 de decembro en tres categorías :
Iniciación para os rapaces de ata os 10 anos, Promesas ata os 16 anos que se desenrolarán a cinco rondas a un tempo de 10´+5´´ a partires das 16 horas.,
Categoría Absoluta desenrolará a seis rondas a un tempo de 15` + 5´´ a partires das 11 da mañá do domingo.
Teremos trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categorías e medallas para todos os participantes, unha vez rematada a entrega de premios sobre as 19:45, teremos un pequeno refrixerio para despedir o ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario