O sábado 5 de abril o Concello de Nigrán, organizou a Gala do Deporte 2025 no Auditorio Municipal.
Nesta edición concedeulle unha mención especial ao Torneo de Xadrez Dani Da Rocha Prol.Deste xeito o Concello agradece que grazas a este evento deportivo, Nigrán sexa un referente na promoción do xadrez para a infancia e a mocidade do noroeste peninsular.
Ao mesmo tempo, esta distinción, recoñece o esforzo a tódol@s que dun xeito ou outro colaboramos na organización do Torneo de Xadrez Dani Da Rocha Prol, ao longo dos seus 14 anos de traxectoria.
O Club de Xadrez Laroca, como máximo responsable da organización do evento, fomos convidados a asistir á Gala do Deporte 2025 para recoller está distinción.
E fixémolo con moito orgullo, no nome de tódol@s que ao longo destes anos tratamos que cada mes de xuño, máis de 200 xadrecistas menores de 20 anos desfruten dunha agradable xornada de xadrez ao carón dunha das praias máis bonitas do mundo.
Moitos parabéns a toda a familia Laroqueira‼♟
♟‼Dani vai por ti‼♟
No hay comentarios:
Publicar un comentario