3 mar 2019

Campionatos Galegos Sub 18 (2019) 3 marzo


Domingo 3 de marzo e segundo día de celebración dos Campionatos Galegos Sub 18.

Seguimos no  Morrazo  e as 10 horas da mañá comezaba a terceira rolda de este campionato e as 17 horas a segunda partida da xornada e cuarta rolda, nas que os nosos campións se enfrontaban a un novo reto que superaron con un aprobado, conseguindo 5'5 puntos de 10 posibles.

Artai Bringas Gomez, sigue no primeiro taboleiro na partida da mañá e esta vez o seu rival foi Claudio Reboredo do club Escola Tecnica Xadrez, o que conseguíu quitarlle unhas táboas a noso Artai tras 30 xogadas.

Por a tarde enfrentouse no segundo taboleiro a un rival xa coñecido, David Buitron. Nunha xenial partida que poderiamos seguir en liña, na xogada 52 David abandonou, o que lle deu a Artai o punto que o situa no segundo posto da clasificación xeral con 3'5 puntos.

Mañá voltará a xogar na mesa 2, esta vez contra Andrés Rodríguez Ferreiros. Voltaremos a seguir en liña esta a priori interesante partida.

No taboleiro nove e con negras Ana Fernández Carneiro tivo de novo unha difícil partida contra Oscar Morales, o que non conseguiu derrotar a pesar de plantarlle cara.

Por a tarde conseguíu quitar unhas taboas na mesa 14 con brancas na sua partida contra Brais Vieitez, o que a sutui neste ecuador do campionato no posto 25 con 1'5 puntos.

Mañá luns 4 de marzo teremos o primeiro encontro entre Laroqueiros e Ana tendrá que enfrentarse a Guillermo na mesa 12. Moita sorte ós dous e que gañe o/a mellor.

No seguinte taboleiro, no 10, Guillermo Cousido Martínez con brancas intentou vencer a David Suarez, un Arousan loitador do club Xadrez Fontecarmoa que lle puxo as cousas compricadas e que rematou vencendo ó laroqueiro.

Na partida da tarde todo cambiou e o punto caeu do lado de Guillermo no seu enfrontamento con Pilar García na mesa 15 e con negras.
Tras este encontro Guillermo mantense no posto 21 con 2 puntos.

Ricardo Fernández López no taboleiro 14 enfrentábase a necesidade de mellorar ese medio punto que tiña e a Raúl Vazquez, outro rapaz que tiña a mesma necesidade que el. Finalmente a vitoria e o punto cairon do lado de Ricardo que, tras conseguir unhas táboas na partida da tarde, lograba situarse no posto 19 con 2 puntos, mellorando no ecuador do campionato a sua posición de inicio.

Mañá luns na primeira partida tendrá que enfrontarse a un novo reto na mesa 8 chamado Oscar Victorero de Fontecarmoa. Seguro que porá toda a carne no asador.  

O lado de Ricardo, na mesa 15, Mauro Sanroman Costas procurou mellorar o seu medio punto contra Raquel Xian Carregado, do Circulo Ferrolano. Igual que Ricardo, tamén logrou a vitoria e ese punto tan necesario. A partida da tarde xa na mesa 9 foi algo máis compricada e con un rival con 1876 de ELO, Pablo Lobato, a quen non foi quen de vencer.

Situado no posto 24 da clasificación xeral con 1'5 puntos despóis de esta cuarta partida, enfrontarase mañá a Brais Vieitez, o rival que conseguíu quitarlle unhas táboas a Ana na úntima partida de esta tarde.


Na páxina da Federación Galega de Xadrez temos os enlaces para poder seguir tanto a información dos resultados como a retrasmisión en directo dos catro primeiros taboleiros de cada unha das categorías que se están a disputar en Cangas ENLACE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario