6 abr 2019

Liga Galega 2019 10ª xornada


Decisiva décima xornada da liga galega de xadrez 2019. Rematada a liga de terceira nesta xornada os equipos do Club Xadrez Laroca que quedamos en competición cumprimos có esperado.
Importante sobretodo o resultado logrado por o Laroca B en segunda.


1ª C
LAROCA-NIGRAN A
1 - 3
Grupo nores XADREZ MARIN
2ª E
LAROCA-NIGRAN B
3 - 1
XADREZ ALBATROS B
2ª E
MOSEFESA & THE WAILERS
2 - 2
LAROCA-NIGRAN C



LAROCA NIGRÁN A: Queremos destacar a participación de Ricardo Fernández, primer taboleiro do equipo Laroca Mallón Augua da Laxe, que a pesar de non lograr vencer, si disfrutóu da sua primeira participación nesta categoría.


Mireya, Artai, Segio e a incorporación de Ricardo na sua primeira participación en esta categoría nos locais de Nigran só conseguiron ese punto grazas a vitoria de Artai no segundo taboleiro.


Dende o quinto posto da clasificación enfrontarase na próxima xornada o sempre compricado Marcote, sin nada importante en xogo para ningún dos dous equipos.



LAROCA NIGRAN B: Seguimos en perigo pero menos despois de este importante resultado de hoxe. Seguimos en postos de descenso.

Patricio, Dani, Rafa e Araujo conseguiron hoxe a cuarta vitorio da temporada e a segunda por este resultado.

Catro puntos son os que separan os equipos que se atopan entre o posto 11 e 6. Xa co CXF - Deportes Rodas matemáticamente descendido, os outros dous postos de descenso xoganse entre estos 6 equipos, entre os que se atopa o noso Laroca B ocupando o posto 11.

Pero mentres hai vida hai esperanza e na útima xornada o próximo 27 de abril xogamos contra o último clasificado e os nosos rivais nesta loita pola permanencia teñen encontros complicados.



LAROCA NIGRAN C: En Coruxo non nos xogábamos nada e disfrutamos de unha tarde de xadrez sin tensión.

Tomás, Chema, Lino e Jorge nunha tarde de inverno xa metidos na primaveira non puideron gozar das vistas do bonito local do Club Mosefesa en Coruxo, pero como xa comentamos, xa libres de presion dende o seu cuarto posto da clasificación xeral e lonxe dos postos de descenso, disfrutaron de unha tarde de xadrez e lograron con a vitoria de Lino e as táboas de Chema e Jorge eses 2 puntos que os manteñen no cuarto posto da clasificación xeral de este grupo C da segunda división.



PROXIMA XORNADA   27 de abril de 2019

1ª C
AJEDREZ MARCOTE - HOTEL CEMAR
  - 
LAROCA-NIGRAN A
2ª E
CXF - DEPORTES RODAS
  -  
LAROCA-NIGRAN B
2ª E
LAROCA-NIGRAN C
  - 
XADREZ ALTAMIRA




No hay comentarios:

Publicar un comentario