14 abr 2017

O Club Xadrez Laroca tamén estivo en Padrón

Mireya Represa, David Represa e Ana Fernández

Campionatos Galegos Semana Santa 2017 (Categorías: sub-08, sub-12, sub-16, Abosoluta, Feminina e Veterana), no Hotel Scala de Padrón desde o sábado 8 ao venres 14 de abril de 2017.

A participación do noso club nestes campionatos estaba composta por David Represa Pérez en Sub-12, Ana Fernández Carneiro en Sub- 16 e Mireya Represa Pérez en Absoluta. Todos eles participaban en categoría superior á súa.


David cos seus dez aniños e 1001 de ELO partía no posto 40 do ránking inicial. 
Tras oito roldas e con 4'5 puntos rematou no mesmo posto 40 dún total de 101 participantes.





Ana partía no ránking inicial no posto 30 co seu ELO de 1292 e case catorce anos.
Xogou tamén oito partidas logrando 3'5 puntos e terminar no posto 36 na clasificación final



Mireya cos seus recentemente cumpridos 16 anos e o seu ELO de 1979 partía no posto 16 no ránking inicial.
Catro partidas gañadas e dúas táboas, unha delas na última partida, situárona no posto 16 da clasificación xeral con 5 puntos e danlle unha praza para o campionato de España tras quedar segunda feminina.

Queremos felicitar a estes tres axedrecistas laroqueiros que, en un campionato galego con un alto nivel, superon afrontalo con coraxe e siguen a situar a este modesto club nún lugar destacado do xadrez galego.

Absoluta           Sub-16           Sub-12




No hay comentarios:

Publicar un comentario