27 may 2019

X PonteXadrez ao aire libre

25 de maio de 2019
Un ano máis na cidade de Pontevedra celebraron o bonito torneo PonteXadrez. A pesar de coincidir con a Copa Galicia Cadete na que o Club Xadrez Laroca participamos con dous equipos, tamén algún decidimos trasladarnos a orela do Lerez e voltamos a disfrutar do que xa é o décimo torneo que organiza o EXP.

Este ano fomos 3, mais 1, mais 3 os que participamos dende o Club Xadrez Laroca. Metidos no lio tócamos explicar este galimatías de número: Os tres fomos Avelino Iglesias, Jorge Carneiro que participamos en absoluto e Manuel Costas en sub 14; máis Anxo o fillo de Avelino, que participou en sub 8 e tres razaces do instituto de Avelino que se anotaron co noso club (Martin, Hugo e Sebastian).

O final tivemos unha interesante xornada con sete partidas a un ritmo de xogo de 20 minutos finish que resumimos do seguinte xeito:

En sub-8 Anxo enfrentábase o seu primeiro torneo e superouno con nota. Dous puntos e medio logrados con moito esforzo e grazan a duas vitorias e unhas taboas.



En sub-14 Manuel tiña o obxetivo de superar os 2'5 puntos logrados no anterior torneo que participou, o Ramiro Sabell. Non foi posible e nesta ocasión acadou 2 puntos que non deixan de saber a gloria. Pouco a pouquiño Manuel, pasiño a pasiño que seguro que con esa bondade e esa sonrisa chegaras moi lonxe.



En Absoluto a cousa estivo algo mellor. Lino con cinco de sete puntos posibles rematou no 10º posto, 14 mais arriba que o seu ranking inicial, empatado con Ruben Fernández no oitabo posto e Alberto Pérez no noveno.

Pola súa parte Jorge con 4 puntos rematou no posto 32 de un total de 96 participantes.

Os alumnos de Lino era a primeira vez que se enfrontaban a un torneo de este tipo a pesar do cal conseguiron un resultado aceptable con 3 puntos de Martín e Sevastian e 2'5 puntos de Hugo, algo terá que ver o seu profesor!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario