12 may 2019

Campionato Galego Lostrego e Rápido 2019



En Vilagarcía de Arousa un ano máis a Federación Galega de Xadrez e o Club Xadrez Fontecarmoa organizan o Campionato Galego Lóstrego e Rápidas 2019.
O sábado 11 as 16 horas comezou o Campionato de Xadrez Lóstrego consistente en 9 roldas a un ritmo de xogo de 3 minutos máis 2 segundos/xogada.
O domingo 12 ás 11 horas tocoulle o turno o Campionato de Rápidas, no que tamén se xogaron 9 roldas esta vez a un ritmo de xogo de 10 minutos máis 5 segundos/xogada.




Como non podía ser de outra forma, o club Xadrez Laroca estivemos presentes neste Campionato Lóstrego con a participación de Artai Bringas Gómez (20 no ranking inicial), Francisco Rego Lorenzo (26 no ranking inicial), Jorge Carneiro Penedo (54 no ranking inicial) e Ana Fernández Carneiro (71 no ranking inicial)(Info 64).






Estos foron os resultados dos participantes do Club Xadrez Laroca neste Campionato Lóstrego
Inicial Final Puntos  Variación ELO Performance
Artai Bringas  22    5  7  + 55  2086
Francisco Rego  30    31  5  - 17  1632
Jorge Carneiro 64   93  3  - 36  1315
Ana Fernández 81  48  5  + 35  1515



En resumo: gozamos dunha xornada interesante con este frenético ritmo de xogo, no que melloramos o resultado do ano pasado no que Artai ocupou o posto 27º con 5'5 puntos, mentres que este ano logrou subir ó podium;  e Ana conseguiu unha importante progresión pasando do posto 87 con 3 puntos o ano pasado ós 5 puntos logrados nesta ocasión; Fran quedou prácticamente igual, o ano pasado fixo 5'5 puntos e ocupou o posto 29º; Jorge a pesar de conseguir os mesmos 3 puntos  pasou do posto 86º do ano pasado ó 93 de este ano.





Ademáis dos que participamos no Campionato Lóstrego do día anterior Artai (19 no ranking inicial ), Francisco ( 38 no ranking inicial), Jorge ( 82 no ranking inicial), e Ana ( 104 no ranking inicial), participaron tamén no Campionato de Rápidas celebrado o domingo día 12, Constantino Gonzalez Levices ( 18 no ranking inicial), Laura González Ferreira ( 119 no ranking inicial) e Sara González Ferreira ( 131 no ranking inicial) (Info 64 ).











Estos foron os resultados dos participantes do Club Xadrez Laroca neste Campionato de Rápidas
Inicial Final Puntos  Variación ELO Performance
Tino González  18  50  5  - 33  1708
Artai Bringas  19  7  7  + 12  1899
Francisco Rego  37  34  5'5  - 10  1606
Jorge Carneiro  82  86  4  + 17  1524
Ana Fernández  104  100  3'5  + 18  1418
Laura Gonzalez  119  126  2  - 18  1119
Sara González  131  128  2  1019






O ano anterior participamos nesta categoría Artai (9º con 6'5 puntos), Mireya (35º con 5 puntos), Ana (77º con 3'5 puntos) e Jorge (86º con 3 puntos). Nese ano Tino, Fran e Laura participaron só en Lostrego e Sara non particióu en ningún, polo que non temos referencia de valoración.


Artai, con medio punto máis mellorou a súa posición final, mentras que Jorge, cun punto máis igualouna. Ana, cos mesmos puntos e unha performance moi por riba do seu ELO, conseguiu mellorar este en 18 puntos.



Un ano máis rematamos dous estresantes días de xadrez nos que ademáis de facer deporte disfrutamos das bondades de este fermoso pobo de Vilagarcía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario