Buscar en este blog ...

22 feb. 2020

Campionato Galego Entroido 2020 sub-14 sub-18


Rematabamos o anterior post con o mesmo que imos comezar este.

Desexamoslle moita sorte os nosos participantes nos campionatos calegos que se celebran en Padron o fin de semana.

Artai Bringas Gomez, 
Ana Fernandez Carneiro, 
Laura González Ferreira, 
Sara González Ferreira.

¡¡¡¡¡Ánimo e a por todas!!!!!

A duas roldas por día e con un total de 8 roldas, no hotel Scala de Padrón, a so tres kilómetros da Casa Museo de Rosalía de Castro e por tanto inmersos nas terras e lugares que inspiraron á xenial poetisa, comezaba o sábado 22 de febreiro de 2020 as 10'00 horas  con a primeira rolda.

En principio este campionato estaba configurado para duas categorías, unha xeral e outra feminina, pero debido a que o número de mulleres participantes non foi suficiente, integraronse as féminas participantes na categoría xeral.

A primeira xornada para a nosa xente podemos considerala boa. 1 punto logrado por Artai con duas táboas, 1 punto de Sara, 1 punto de Laura e 1 punto de Ana tras unha longa e interesante segunda partida contra Lucas Represas, fan de esta unha primeira xornada fructifera na que conseguimos un 50% de efectividade.

Ademais de poder ver os resultados en  Info64 tamén temos oportunidade de seguir algunhas partidas en directo en Chess24 .

Agora a descansar para enfrontarse a segunda xornada o domingo 23 despois de un potente almorzo, duas novas xornadas que esperamos sean mellor que as de este sábado.

O Almorzo foi potente pero o dia non se deu demasiado ben. Artai logrou 1'5 puntos con unha vitoria por a mañana e unhas táboas por a tarde. O outro punto da xornada foi conseguido por Ana na súa partida da tarde contra a sua amiga Gela. 

Despois de esta xornada e no ecuador da proba así estaba a clasificación dos nosos representantes:
  • Artai Bringas Gómez  queda no posto 12 con 2'5 puntos.
  • Ana Fernández Carneiro no posto 20 con 2 puntos.
  • Sara González Ferreira no posto 28 con 1 punto.
  • Laura González Ferreira no posto 33 con 1 punto. 
A partir de aquí quedaba dar o último pulo o luns e o martes e lograr o máximo de puntos posibles nas catro partidas que quedan. Pero a racha seguiu na mesma dinamica con o engadido de unha lesionada e do empeño de Artai de seguir cas táboas.

A clasificación final para a nosa xente quedou como segue:
  • Artai Bringas Gómez  queda no posto 6 con 5'5 puntos, sin unha soa derrota pero con a metade das partidas en táboas.
  • Ana Fernández Carneiro no posto 27 con 3 puntos, mellorando o seu ELO en 18 puntos.
  • Sara González Ferreira no posto 33 con 2'5 punto, con 3 táboas nas partidas de estes dous últimos días e unha mellora de ELO de tamén 18 puntos.
  • Laura González Ferreira no posto 35 con 1 punto, pero sin poder xogar ningunha partida nestas duas xornada por enfermidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario