Buscar en este blog ...

2 feb. 2020

Liga Galega 2020 2ª xornada


Trasladamos a continuación os resultados que se deron para os equipos Laroca nésta segunda xornada, na que conseguimos un total de 9'5 puntos de 16 posibles.

1ª C   AJEDREZ MARCOTE 3 1 LAROCA A
2ª E LAROCA B 2 2 ALAIA ESTUDIO PILATES XADREZ MARIN
2ª E ALBATROS B 1'5 2'5 LAROCA MALLON AUGA DA LAXE
3ª K LAROCA C

Descansa
3ª K VILLA DE BOUZAS B 0 4 LAROCA D 



Preparándonos para afrontar a liga con Fran de profe
Nunha liga tan curta como esta cada un dos encontros é crucial, por eso esta segunda xornada e primera sin enfrontamentos directos é moi importante. Xogabamonos manter o bo comezo logrado na xornada anterior en primeira, manter as posibilidades de ascenso para o Laroca B e asegurar unha vitoria con un rival directo por a permanencia para o Laroca Mallon Auga da Laxe en segunda, conseguir un bo resultado co Laroca D que ademáis beneficie o Laroca C que descansa nesta ocasión.

En primeira os encargados de representar o Laroca A foron Artai Bringas, Constantino González, Sergio López e Jose Manuel Ben (ascende do Laroca B). O punto acadado grazas as táboas de Sergio e Chema, é moi importante de cara a, como mínimo, manter a categoría.

En segunda e no laroca B Tomás Bernardez, Avelino Iglesias, Patricio Salgado e Carlos Groba lograron un empate grazas as vitorias de Lino e Carlos. Por a sua perte o Laroca Mallon Auga da laxe conseguíu una interesante victoria con a participación de Mauro Sanromán, Ricardo Fernández, Jorge Carneiro e Ana Fernandez; os 2'5 puntos foron conseguidos por as vitorias de Mauro e Ricardo e as táboas de Ana.



En terceira este ano temos que ter en conta que, a diferencia do ano anterior, só ascenderá un equipo, o que supón que o mais pequeno fallo pode supor ter que pasar un ano máis en terceira. O Laroca D (Laura González, Osián Pombo, Sebastián Melo e Hugo Robles) non fallaron e lograron unha importantísima vitoria con un pleno, que deixa en unha situación compricada a un rival importante e mostra que este equipo ven disposto a dar moita guerra.


E así será a próxima xornada do sábado día 8 de febreiro as 17 horas:

1ª C  
LAROCA A

UNIVERSITARIO DE OURENSE A
2ª E ONCE VIGO

LAROCA B
2ª E LAROCA MALLON AUGA DA LAXE

VILA DE BOUZAS
3ª K CVC VALLADARES "MONTE DOS POZOS"

LAROCA C
3ª K LAROCA D 

LUCENA TALENTOS










1 comentario: