Buscar en este blog ...

11 feb. 2020

Liga Galega 2020 3º Xornada



Unha xornada máis e xa é a terceira. Avanza con paso firme a Liga Galega de Xadrez e por ela imos camiñando os laroqueiros e as laroqueiras disfrutando como ananos.
Os resultados que conseguimos neste sábado 7 de febreiro fan de esta unha xornada histórica na que logramos un total de 15 de 20 puntos posibles, un interesante 75% de efectividade e 5 de 5 vitorias que nos colocan ben colocados

1ª C   LAROCA A 3'5 0'5 UNIVERSITARIO DE OURENSE A
2ª E ONCE VIGO 1 3 LAROCA B
2ª E LAROCA MALLON AUGA DA LAXE 2'5 1'5 VILA DE BOUZAS
3ª K CVC VALLADARES "MONTE DOS POZOS" 1 3 LAROCA C
3ª K LAROCA D  3 1 LUCENA TALENTOS



En 1ª división e no grupo C, antes de ter que desplazarse a O Barco de Valdeorras e contra outro equipo ourensano, Artai Bringas, Constantino González, Sergio López e Patricio Salgado que ascende de Laroca B, foron quen de superar con nota este complicado encontro, no que só unhas táboas de Patricio evitaron o pleno.

Esta terceira xornada deixa ó noso equipo nunha posición cómoda no quinto posto da clasificación xeral con 2 vitorias, 1 derrota e 7 puntos.

En segunda división e no grupo E tamén logramos dous moi bos resultados. 

Por a sua parte o Laroca B desplazouse a Vigo para enfrentarse o equipo da ONCE, donde conseguiu unha contundente vitoria na que so Raquel Gil no primeiro taboleiro foi quen de conseguir un punto para o equipo da casa.
Tomás Bernardez, Avelino Iglesias, Agustín Alvarez e Alberto Hermida (ascendido temporal do Loroca C) foron os encargados de conseguir estes tres puntos.
Tras duas vitorias e un empate situámonos no segundo posto da clasificación xeral.


O Laroca Mallon Auga da Laxe enfrentamonos a un compricado Villa de Bouzas que conseguiron arrancarnos medio punto tras unha interesante partida de Laureano Martínez Vs Ricardo Fernández no segundo taboleiro e un punto nunha extraña partida no cuarto taboleiro disputada por Alvaro Tolan e Ana Fernández. As duas vitorias foron conseguidas por Mauro Sanromán, que completaba a sua terceira vitoria no que vai de liga e continuaba co 100% de efectividade, e Guillermo Cousido, que defendeu con brancas o terceiro taboleiro.

Un quinto posto na xeral danos un pouco de respiro antes de viaxar a Mos o próximo sábado.


En terceira división o Laroca C situase tras esta xornada no cuarto posto con 7 puntos e con un encontro menos por descanso. Antonio Díaz, Danien Vaz, Rafael Simoes e Jose Manuel Araujo foron os encargados de conseguir eses tres puntos.

O Laroca D xogou na casa e Osian Pombo, Sara González, Diego Pazos e Jose Manuel Fernández conseguiron un moi bo resultado que os situa con 7 puntos na metade da clasificación xeral.



En todos os deportes sempre se procura conseguir cada vez mellores resultados, pois no xadrez tamén e por eso na próxima xornada procuraremos mellorar os resultados conseguidos nesta, inda que sexa compricado. Con esta intención viaxaremos ó Barco de Valdeorras, a Mos e a Vigo, e recibiremos na nosa casa os Tudenses e os Mosenses. Do que estamos seguros, porque eso sempre sucede, é de que disfrutaremos diante dos taboleiros.

Así será a próxima xornada o sábado 15 de febreiro un día despois do famoso San Valentín:
1ª C   XADREZ VALDEORRAS A

LAROCA A
2ª E LAROCA B

CHIRINGO CONTOS TUI
2ª E CLUB XADREZ MOS C

LAROCA MALLON AUGA DA LAXE
3ª K LAROCA C

CLUB XADREZ MOS H
3ª K LUCENA FEMENINO

LAROCA D 




1 comentario: