Buscar en este blog ...

1 mar. 2020

Liga Galega 2020 5ª Xornada


Rematados os campionatos galegos sub-14 e sub-18, voltamos a enfrontarnos a liga nas diferentes categorías nas que estamos a participar.

Rematado o entroido e con el os Campionatos Galegos Sub-14 e Sub-18, este sábado 29 de febreiro nesta quinta xornada voltamos a enfrontarnos á liga nas diferentes categoría e a batir marcas. Na terceira xornada lográramos 15 puntos nos cinco encontros que disputamos, pois nesta quinta xornada conseguimos superalo e logramos un total de 17 de 20 puntos posibles e un 85% de eficacia. Acadamos 4 vitorias (3 con pleno) e 1 empate nos seguintes enfrontamentes:

1ª C  LAROCA A4 - 0
RELOJERIA MUIÑOS XADREZ MARIN
2ª EXADREZ BUEU B MANUEL MORALES2 - 2
LAROCA B
2ª ELAROCA MALLON AUGA DA LAXE4 - 0
ALEKHINE CORREDURIA TEMPU
3ª KCLUB XADREZ MOS J0 - 4
LAROCA C
3ª KLUCENA JUVENIL1 - 3
LAROCA D 



LAROCA A, partindo dende o quinto posto na clasificación xeral e a dous puntos do primeiro clasificado, tiña en frente ó undécimo  de esta clasificacion xeral. Nos locais de Cotros Artai Bringas, Tino González, Sergio López e co reforzo de Chema Ben foron quen de conseguir ese importante pleno de vitorias que os mantén entre os tres primeros empatado con o Ajedrez Marcote e a medio punto do primeiro Benchoshey Senior..

LAROCA B: Conseguimos un interesante empate grazas as vitorias de Lino Iglesias dende o primer taboleiro e Carlos Groba dende o terceiro, con a participación de Patricio Salgado no segundo taboleiro e a colaboración especial de Antonio Diaz do Laroca C no cuarto taboleiro. Con este resultado conseguimos manternos entro os 5 primeiros na xeral, a 3 puntos dos postos de descenso e sin deixar de aspirar a mais altos logros.

MALLON AUGA DA LAXE: No local de Cotros conseguimos esas importantisimas catro vitorias que nos situa entre os tres primeiros da clasificación xeral. Os protagonistas de este pleno foron: Mauro Sanromán que tras esta loitadísima partida mantense invicto con 5 vitorias de 5 partidas, Ricardo Fernández, tamén permanece invicto con 5 participacións e 3 vitorias e 2 táboas, Guillermo Cousido mantendo un 66% de eficacia en tres partidas disputas e Juan Represa que consigue unha vitoria na sua primeira participación nesta liga. Na seguinte xornada toca desplazarse a A Guarda para enfrentarse o que ocupa o primeiro posto na clasificación xeral e seguir soñando con a posibilidade de lograr ..... O que cada vez está máis asegurado é o obxetivo posto por o delegado do equipo e que ten premio que suporá que teña que rascar o bolsillo para cumplir con o compromiso adquirido.

LAROCA C: Seguimos a manter todas as posibilidades de ascenso, situandonos con esta vitoria xa claramente no primeiro posto a 1'5 puntos do segundo e con un encontro menos por descanso. Daniel Vaz, Rafa Simoes, Jose Manuel Araujo e Paco Vázquez foron os encargados de demostrar unha vez mais que esta non é a categoría que lle corresponde a este equipo, 3 plenos de 4 disputadas e só 1 punto cedido son números incontestables.

LAROCA D: Seguimos con paso firme ó Laroca C e situámonos despois de esta vitoria terceiros na clasificación xeral. Sebastián Melo e Hugo Robles volveron a conseguir gañar e seguen invatidos nas tres partidas que disputaron e  Laura González conseguiu dende o primeiro taboleiro o terceiro punto, Osian Pombo nunha complicada partida non foi capaz de redondear a xornada e manter o seu record persoal de pleno de vitorias que tiña ata o de agora.Gran tempada a que está a facer este equipo.


A próxima xornada toca o próximo sábado día 7 de marzo con dous equipos que xogamos na nosa casa de Cotros en Nigran, outro que nos desplazaremos a A Guarda nun encontro na cumbre, e outro tamén na cumbre en Santa Marta de Moreiras en Pereiro de Aguiar.

1ª C  BENCHOSHEY SENIOR

LAROCA A
2ª ELAROCA B

CLUB XADREZ MOS B
2ª EALBATROS A

LAROCA MALLON AUGA DA LAXE
3ª KLAROCA C

CVC VALLADARES MONTE DO ALBA
3ª KLAROCA D

DESCANSA 


No hay comentarios:

Publicar un comentario