15 jun 2020

Dani con o sen Pandemia


Este ano 2020 tiñamos que organizar o IX Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol, unha especial homenaxe deste club "Laroca" pra o noso amigo Dani que celebramos sempre con unha grande participación a mediados do mes de xuño.

Unha cousa chamada Pandemia provocada por un bichiño redondiño e con anteniñas impediunos facelo como nós queríamos, como Dani merece. Pero no Club Xadrez Laroca somos fieis aos nosos principios e xa que non pudemos organizar un gran torneo nun gran pavillón rodeados de moi boa xente do xadrez, tiñamos que buscar unha solución para que Dani non quedase sen o seu torneo.

Como se achegaba a data e en vista que non poderíamos facelo como queríamos lanzamoslle ao noso querido Artai Bringas o reto de organizalo na plataforma e da maneira que considerase máis oportuna. E, como era de esperar, Artai nunca dí que non aos retos, púxose ao tema e conseguiu montar un gran torneo. 

Hoxe, 13 de xuño, día de San Antonio, as 17:30 horas e na plataforma Lichess.org xuntamonos 160 xadrecistas de todo o mundo mundial, mantendo en todo momento o distanciamento social requerido, e as medidas de seguridade contra o COVID19, para honrar un ano máis a memoria de Dani da Rocha e gozar ao mesmo tempo do noso deporte favorito.


O torneo celebrouse mediante o sistema Suizo a 8 roldas de 5 minutos máis 3 segundos de incremento. Oito interesantes roldas despois das cales estos foron os dez primeiros postos:

Primeiro posto para Artai Bringas invicto con seis vitorias e duas táboas. 
O segundo posto foi para  PawnBrowin (nick de nome desconocido) con 6 vitorias e unhas táboas.
E no terceiro posto rematou Alfonso Hinojar co mesmo resultado que o segundo.

Cos mesmos seis punto e medio que o segundo e terceiro remataron no cuarto posto Rubén Fernández, no quinto EXPontevedra e no sexto Luís Casares.

Con medio punto menos no posto sétimo Daniel Rivera (IM), e nos postos oitavo a décimo os laroqueiros Breixo Álvarez, Francisco Rego e Tino González.

Non queremos rematar esta crónica sen dar os nosos parabéns polo triunfo a Artai Bringas e agradecerlle publicamente a organización de este torneo coa seriedade e a entrega con que o fixo. As cousas cando se traballan e se fan ben acaban saíndo ben, e este torneo saíu de dez. Graciñas por todo, Artai.

Ligazón ao torneo:
https://lichess.org/swiss/N8RMSC2o

No hay comentarios:

Publicar un comentario