25 ene 2011

Mireya incluida no Grupo I de Tecnificación da FEDA


O pasado 20 de xaneiro a FEDA (Federación Española de Ajedrez) fixo pública a relación de xadrecistas menores de 29 anos do estado español que formarán parte dos grupos de elite e de tecnificación no ano 2011.
Neste selecto grupo hai catro xadrecistas galegos: O GM Iván Salgado e o MI David Lariño no grupo de elite, Gabriel Roma (sub-12) do Xadrez Ourense no grupo II de tecnificación e Mireya Represa (sub-10) do Club de Xadrez Laroca no grupo I de tecnificación.
Tódolos que formamos parte do Club de Xadrez Laroca felicitamos a nosa compañeira, e agradecémoslle que leve o nome do noso modesto club o lado das mellores escolas de xadrez do estado. ¡¡Parabens Mireya!! Que aprendas moito xadrez, que fagas moitos amigos e o mais importante: que o pases moi, moi, moi ben!!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario