¡Noraboa laroqueir@s!
Pincha aquí para ver a crónica final do torneo ....
Categoría Sub-14
Mireya e Lúa demostraron unha vez máis que son grandes loitadoras acadando os postos 14º e 27º na xeral. Obtiveron 5 e 4 puntos respectivamente, clasificándose no segundo e terceiro lugar do podio feminino. O buchol fixo que por desempate con Paula García, Lúa quedase sen trofeo, pero nun torneo tan difícil e igualado coma este nós considerámolas as nosas campionísimas e estamos orgullosos de telas entre as nosas filas. A gañadora feminina do torneo foi Inés Prado, que unha vez máis mostrou o seu alto nivel de xogo anotándose o 5º posto na clasificación xeral.
Os gañadores do torneo foron Julio Suárez de Xadrez Fontecarmoa, José Ramón Pardo do Colexio Franciscanos e Adrian Gomez Dieguez de Xadrez Ourense.
Categoría Sub-18
Esta categoría estivo moi disputada. Breixo suou a gota gorda e só cedeu un punto ante Luis Segura, clasificándose en 10 ª posición, igualado a puntos e desempates con Marcos Medarde do clube USC. Acadou 3 victorias e 4 táboas.
Xadrez Ourense levouse a 1ª e a 3 ª posición con Martin Arellano e David Gómez Dieguez. Luis Segura do clube de Xadrez Fontecarmoa quedou en 2 ª posición. A única participante feminina foi Aranzazu Sánchez que acadou o 28º posto con 3,5 puntos.
Adxuntamos a interesante estadística publicada pola Escola de Xadrez de Pontevedra (sub-14)
Club Puntos de Media por Club nº jugadores
Xadrez Fontecarmoa 5,67 3
Escola Xadrez Pontevedra (EXP) 4,57 7
Xadrez Laroca 4,50 2
Grupo Bazán 4,25 2
Colexio Franciscanos 4,17 3
Circulo Ferrolano 4,00 6
Xadrez Marin 4,00 2
CD Portas 3,75 4
Karpov 3,25 2
AD Manuel Peleteiro 3,50 2
Escola Luguesa 3,00 2
Torreón 2 2
Lúa , Mireya e Breixo; ¡¡Parabéns aos tres, e grazas polo entusiasmo e a vosa contribución ao Clube de Xadrez Laroca!!
Parabéns para as campioas e o campión do Laroca.
ResponderEliminarE moi bonita a cronica e as fotos.