15 jun 2017

III TORNEO DE XADREZ VAL MIÑOR – SUB 2200

III TORNEO DE XADREZ VAL MIÑOR SUB 2200

ORGANIZA:                Club de Xadrez Laroca    http://clubdexadrezlaroca.comlu.com

DATAS:                         8 e 9 de Xulio de 2017.
SISTEMA:                    Suizo a 6 roldas.
RITMO DE XOGO:    60’ + 30’’ por xogada, valedoiro para ELO FIDE.
LOCAL DE XOGO:    Antiga Escola Maestro D. José (Cotros) – R/ Sarmiento 27 – Nigrán.

HORARIOS:
Presentación: Sábado 8 de Xulio ás 09:50 h. O xogador que non estea a esa hora na sala de xogo non será emparellado na primeira rolda.

1ª Rolda: Sábado 8 de Xulio ás 10:10 h.
2ª Rolda: Sábado 8 de Xulio ás 15:00 h.
3ª Rolda: Sábado 8 de Xulio ás 18:00 h.
4ª Rolda: Domingo 9 de Xulio ás 10:00 h.
5ª Rolda: Domingo 9 de Xulio ás 15:00 h.
6ª Rolda: Domingo 9 de Xulio ás 18:00 h.

Entrega de premios: 21:00 h.

PREMIOS:
Trofeo para o/a Primeiro/a clasificado/a.
Trofeo para o/a Segundo/a clasificado/a.
Trofeo para o/a Terceiro/a clasificado/a.
Trofeo ó mellor xogador/a Sub-1800 Elo Fide / Sen Elo Fide.
Trofeo ó mellor xogador/a Sub-1600 Elo Fide / Sen Elo Fide.
Trofeo ó mellor xogador/a Sub-16.
Non son acumulables, no caso de ter dereito a varios, repartiranse pola orde na que están reflexados
nestas bases. O xogador deberá estar presente na entrega para recibir o premio.

INSCRIPCIÓNS:
Couta de inscripción xeral: 7 €. Inclúen os costes das tasas FIDE.
Couta de inscripción especial ós xogadores Sub-16 do Club de Xadrez Laroca: 3 €.
Límite de inscripción ata o Venres 7 de Xulio ás 21:00 h. ou ata chegar ós 41 xogadores, admitidos
por rigurosa orde de inscripción.
Inscripcións na web    http://clubdexadrezlaroca.comlu.com ou no Tlf. 696.672.456.

SISTEMAS DE DESEMPATE:
1º: Encontro directo
2º: Bucholz (-1),
3º: Sonneborg-Berger,
4º: Máis emparellado,
5º: Sorteo.

BASES:
O torneo está reservado para xogadores cun ELO menor de 2200, e deberán estar federados na temporada 2017. Os xogadores con bandeira distinta á española sen Código FIDE serán admitidos só cando obteñan dito código na súa Federación.

O torneo realizarase mediante o programa informático VEGA. Os seus emparellamentos non poderán ser discutidos salvo erro na introducción dos resultados.

O tempo de espera será de 45’ dende a segunda rolda, transcorrido ese tempo, se un xogador non se presenta ante o taboleiro, perderá a partida.

Haberá 1 BYE de ½ punto a disposición dos xogadores, que poderá utilizarse só nas catro primeiras roldas. Concederase só por causa xustificada e sempre que se teña aboada a inscripción. A organización poderá conceder outros BYES de 0 puntos.

Os participantes no torneo autorizan a publicación dos seus datos persoais e imaxes nos medios de comunicación que a organización considere oportunos para a adecuada difusión do torneo.

Para o non contemplado nestas bases, atenderanse as Leis do Xadrez da FIDE do 1º de Xulio de 2014.

A participación neste torneo supón a aceptación destas bases, sen esquecer que a finalidade do mesmo é proporcionar un ambiente de cordialidade entre xente cunha afición común

No hay comentarios:

Publicar un comentario