17 feb 2019

Liga Galega 2019, 4ª xornada


16 de febreiro ás cinco da tarde, un sábado máis voltamos ter xornada da liga galega de xadrez e xa estamos na cuarta.

Un sábado máis os catro equipos do Club Xadrez Laroca voltamos a procurar porlle as cousas complicadas ós nosos rivais. Tivemos tres saídas e un na casa. Tivemos duas vitorias e duas derrotas. Tivemos unha derrota con cero puntos e unha vitoria con 4 puntos. Tivemos de todo nesta xornada.

RESULTADO DOS NOSOS  EQUIPOS
ROLDA - 4       16-02-2019
1ª CCLUB DEPORTIVO XADREZ OURENSE B0 - 4LAROCA-NIGRAN A
2ª EXADREZ ALTAMIRA2'5 - 1'5LAROCA-NIGRAN B
2ª ELAROCA-NIGRAN C0 - 4 XADREZ MOS A
3ª KLUCENA B1 - 3MALLON - AUGA DA LAXE



En primeira división e no grupo C o noso Laroca A tivo que desplazarse a Ourense para enfrentarse o Xadrez Ourense B. Mireya Represa, Artai Bringas, Constantino González e Sergio López foron esta vez os encargados de defender os colores do club e fixerono da mellor forma posible, conseguindo ese pleno que os situa na clasificacion xeral nunha posición inmellorable.

En segunda división e no grupo E o Laroca B trasladou a Salceda de Caselas a Patricio Salgado, Daniel Vas, Jose Manuel Araujo e Francisco Javier Vázquez, os que nesta ocasión non foron quen de conseguir unha nova vitoria e quedaron con punto e medio grazas a vitoria de Daniel e as táboas de Patricio.

Nesta mesma categoría o Laroca C xogou en Cotros con Tomás Bernardez, Jose Manuel Ben, Avelino Iglesias e Jorge Carneiro enfrentándose ó máis difícil contrincante de este grupo, o Mos A. A pesar de intentalo non conseguiron sumar e tras esta xornada quedan situados nos postos de perigo da xlasificación xeral.

En terceira división no grupo K, Mauro Sanromán, Guillermo Cousido, laura González e Osian Pombo conseguiron a segunda vitoria consecutiva da temporada. A os poucos este equipo vai escalando na clasificación e acercandose a un dos dous postos de ascenso.

A próxima xornada e última antes do parón por o entroido e para celebrar os campeonatos de Galicia sub-16 e sub-18, será o vindeiro sábado e todos os equidos do Club Xadrez Laroca xogaremos fora da casa. Así será esta quinta xornada para os nosos equipos:

1ª CVILLA DE BOUZAS - LAROCA-NIGRAN A
2ª ECHIRINGO CONTOS TUI - LAROCA-NIGRAN B
2ª EXADREZ MOS B -  LAROCA-NIGRAN C
3ª KVILLA DE BOUZAS C - MALLON - AUGA DA LAXE



No hay comentarios:

Publicar un comentario