21 abr 2018

10ª Xornada Liga Galega 2018



RESULTADO DOS NOSOS  EQUIPOS
ROLDA-10        21-04-2018
1ª CALEKHINE - CORREDURIA TEMPO2 - 2LAROCA-NIGRAN A
2ª ELAROCA-NIGRAN C0 - 4EXP CONCELLO PONTEVEDRA
2ª EONCE DE VIGO1'5 - 2'5 LAROCA-NIGRAN B




Nesta penúltima xornada xogabanos moito con Laroca A e con Laroca B. No primeiro caso seguir optando o ascenso a división de honra e no segundo garantir a permanencia en segunda. 

Laroca A co resultado obtido e os resultados dos outros equipos perdemos todolas opcións de lograr o primer posto que da acceso ó ascenso, pero seguimos nos primeiros postos e con opcións a rematar segundos. Neste grupo da primeira división son nove  os equipos que se atopan entre o décimo e o segundo posto, con unha diferencia de tres puntos e medio. O primeiro posto xa é seguro para Ajedrez Marcote mentras que no resto de postos haberá que esperar a última xornada para coñecer incluso os equipos que descenden a segunda, entre os que seguro xa non estarán os Laroqueiros.

Para este encontro desplazáronse a Vigo Mireya Represa, Sergio López, Jose Manuel Ben e Carlos Groba, os dous último subiron do Laroca C. Os puntos foron conseguidos con a vitoria de Mireya e as táboas de Sergio e Carlos.

Laroca B tamén en Vigo e nos locais da ONCE conseguiu unha vitoria, o que lle asegura o permanencia, situándose a cinco puntos e medio dos postos de descenso.

O equípo que defendeu este resultado foi Patricio Salgado, Daniel Vaz, Rafael Simoes e Francisco Javier Vázquez, con vitorias de Patricio e Rafael e taboas de Dani.

Laroca C contra o equipo máis forte da categoría e mermado en efectivos obtivo un resultado lóxico.

En Cotros Jorge Carneiro, Antonio Díaz, Mauro Sanroman e Ricardo Fernández, os dous últimos subiron do Mallon de terceira, intentaron defender o pabellón pero as diferencias eran demasiado grandes. De todolos xeitos xa non nos xogábamos nada e na última xornada procuraremos conseguir o máximo de puntos para acadar a mellor clasificación final.


No hay comentarios:

Publicar un comentario